Os fondos recadados destinaranse á UNRWA

A Cátedra USC-Araguaney para o Diálogo entre Culturas e a Fundación Araguaney–Puente de Culturas organizan o 9 de outubro en Santiago o concerto solidario AMALxGAZA (artistas galegas x Palestina).
Será na Sala Capitol a partir das 20.30 horas cando suban ao escenario Watani, Ruxe Ruxe, Wöyza, Monoulious Dop e Mondra, nun concerto único no que o recadado será destinado á Axencia das Nacións Unidas para as persoas refuxiadas de Palestina en Oriente Próximo (UNRWA).
O prezo das entradas anticipadas é de 15 € + gastos de xestión (web da Sala Capitol) e de 18€ no despacho de billetes. Tamén se poden adquirir en A Reixa Tenda (Rúa do Hórreo, 46) e no despacho de billetes da Sala Capitol o propio día do evento a partir das 19:30h.
