Pasar al contenido principal

Conmemoración da Semana Mundial do Espazo en Santiago

08.10.2025 | 13.00h
Facultade de Física da USC. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Física da USC. FOTO: Santi Alvite

A USC únese á conmemoración da Semana Mundial do Espazo, que ten lugar entre o 4 e o 10 de outubro en máis de 80 países. Así, o mércores 8, a Facultade de Física do Campus de Santiago acollerá unha conferencia sobre oportunidades profesionais, emprendemento e innovación no sector espacial. Con esta iniciativa, a USC contribúe a dar visibilidade á relevancia estratéxica da investigación e da industria aeroespacial, ofrecendo ao seu estudantado a posibilidade de coñecer de primeira man as novas tendencias e desafíos dun sector cun papel clave no futuro inmediato.

A conferencia titulada ‘Emprender con altura. Da universidade ao espazo’ comezará ás 13.00 horas e centrarase nas oportunidades laborais no sector espacial, no emprendemento deep-tech e nos motores satelitais e dinámicas de plasma, temas que se presentarán ao estudantado da man do equipo de Kreios Space.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.10.2025.