Escola Técnica Superior en Enxeñaría
Almudena Hospido Quintana
Enxeñaría Sen fronteiras (ESF) é unha asociación independente, sen ánimo de lucro, baseada no voluntariado transformador, que busca contribuír á construción colectiva dunha sociedade mundial xusta, crítica e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento e o uso da tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano e o ben común.

Dentro do seu programa ESF NA UNIVERSIDADE e no marco de colaboración asinado coa Aula Profesional da ETSE, ofrecen unha programación variada e rica aberta a todo o persoal do centro:
AP06_25a Como montar bancos de reciclaxe electrónica con software libre (1 hora expositiva, 0,5 hora traballo persoal).
XOVES 9/OUTUBRO/2025 de 13.00 – 14.00 no Local do Estudantado da ETSE
AP06_25b Introdución á Enxeñería e a Tecnoloxía para o Ben Común, os dereitos humanos e a transición ecosocial (3 horas = 1 hora expositiva, 1 hora interactiva, 1 hora traballo persoal).
XOVES 16/OUTUBRO/2025 de 12.00 – 14.00 na Aula de Proxectos
AP06_25c Tecnoloxía para os Dereitos Humanos noutras realidades: Honduras e Mozambique (3 horas = 1 hora expositiva, 1 hora interactiva, 1 hora traballo persoal).
VENRES 17/OUTUBRO/2025 de 17.00 – 19.00 no Local do Estudantado da ETSE
AP06_25d Que é a cooperación para o desenvolvemento? Pode ser unha saída laboral? (3 horas = 1 hora expositiva, 1 hora interactiva, 1 hora traballo persoal).
XOVES 30/OUTUBRO/2025 de 12.00 – 14.00 na Aula de Proxectos
AP06_25e Deseño de proxectos de cooperación internacional para o desenvolvemento. A metodoloxía do marco lóxico (3 horas = 1 hora expositiva, 1 hora interactiva, 1 hora traballo persoal).
XOVES 6/NOVEMBRO/2025 de 12.00 – 14.00 na Aula de Proxectos
Procedemento de inscrición: correo a aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es) indicando no asunto AP06_25x (sendo x a letra que corresponda) 24 horas antes do inicio de cada actividade.
Para o estudantado do GrEQ: Avaliarase a asistencia e o aproveitamento do/a estudante (40%) e a adquisición de coñecementos mediante un cuestionario de avaliación que se entregará ao inicio da xornada as persoas inscritas (60%) e que deberá ser remitido á almudena.hospido [at] usc.es (almudena[dot]hospido[at]usc[dot]es) no prazo de 24 horas dende o remate da mesma.