Pasar al contenido principal

Conferencia ‘Alteracións metabólicas, factores xenéticos e medioambientais implicados no desenvolvemento da obesidade infantil. Estratexias para o seu tratamento’

23.10.2025 | 18.30h

A cargo de Ángel Gil Hernández

Facultade de Ciencias
Facultade de Ciencias

O catedrático e profesor emérito do Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Granada e presidente de honra da Fundación Iberoamericana de Nutrición (FINUT), Ángel Gil Hernández, pronunciará o día 23 unha conferencia na Facultade de Ciencias de Lugo.

A súa intervención, que terá lugar ás 18.30 horas, leva por título ‘Alteracións metabólicas, factores xenéticos e medioambientais implicados no desenvolvemento da obesidade infantil. Estratexias para o seu tratamento’. A entrada é libre ata completar capacidade.

O profesor Gil é unha das figuras máis destacadas a nivel internacional no ámbito da nutrición e da obesidade infantil. Conta con máis de 820 publicacións científicas, 18 patentes, 60 teses doutorais dirixidas e unha longa traxectoria en proxectos europeos e internacionais.  O seu Tratado de Nutrición é obra de referencia en todos os países de fala hispana. Entre outros recoñecementos, recibiu o Premio Gregorio Marañón da Real Academia de Gastronomía (2017) e o Premio ESPEN ‘Sir David Cuthbertson Lecture Award’ (2021).

No acto participarán tamén a decana da Facultade de Ciencias, Asteria Luzardo Álvarez; a técnica superior de investigación en APLTA, Ana Álvarez Álvarez; e a investigadora posdoutoral Patricia Cazón Díaz.

Cartel do evento
Cartel do evento
Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.10.2025.