Pasar al contenido principal

Reactiva a Túa Química

Conferencia ‘Gas radon. Efectos sobre a saúde e distribución en Galicia’

29.10.2025 | 13.00h

Santiago de Compostela
Aula Magna

Por Alberto Ruano

Facultade de Química. Foto: Santi Alvite
Facultade de Química. Foto: Santi Alvite

A Facultade de Química reanuda o seu ciclo de conferencias ‘Reactiva a Túa Química’ coa intervención, o 29 de outubro ás 13.00 horas na Aula Magna, do catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC Alberto Ruano Raviña, recoñecido experto internacional no ámbito do radon residencial, titulada ‘Gas radon. Efectos sobre a saúde e distribución en Galicia’.

O profesor Ruano é coautor do estudo máis citado sobre radon e cancro de pulmón e da Monografía de Radon da Organización Mundial da Saúde. Na actualidade coordina o grupo de referencia competitiva ESPASS, da USC, e a sección de epidemioloxía do Grupo Español de Cancro de Pulmón e é membro de CRETUS e do Idis.

Ten publicados máis de 340 artículos en revistas con índice de impacto, dos que máis da metade son en revistas Q1 e un 25% en revistas D1. As súas liñas de investigación pivotan arredor da epidemioloxía de enfermidades respiratorias, radon residencial e mala conducta científica. Dirixiu máis de 20 proxectos competitivos estatais, participou en proxectos europeos e norteamericanos e asinou contratos e convenios de investigación con varios Ministerios, Consellarías da Xunta de Galicia e industria privada.

Este ciclo de conferencias, que se estenderá ata o mes de abril, está recoñecido con 1 crédito ECTS ao estudantado dos Graos en Química, Bioloxía, Biotecnoloxía, Enxeñaría Química e Farmacia.

Cartel da conferencia
Cartel da conferencia
Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.10.2025.