18.11.2025 | 19.00h
A Cátedra Castelao impulsa unha serie de coloquios para afondar en diversos aspectos da figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O terceiro deles desenvolverase o 18 de novembro, ás 19.00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e da Administración.
Participan nel Ramón Villares, Ramón Maiz e Xosé M. Núñez Seixas, baixo a moderación da decana do centro, Marta Lois.