29.10.2025 | 18.00h
A Facultade de Veterinaria continúa co seu ciclo Apaixonad@s pola Veterinaria, unha iniciativa destinada a achegar ao estudantado experiencias profesionais reais e inspiradoras. Nesta ocasión, contará con Luis Felipe Pérez García, veterinario responsable de aves reprodutoras do Grupo Coren, que ofrecerá a charla titulada ‘O veterinario de avicultura: unha visión desde dentro’.
Será o mércores 29 ás 18.00 horas na Sala de Xuntas da Facultade cando o estudantado poida coñecer de primeira man o traballo dun veterinario especializado en produción avícola, os retos sanitarios e de benestar animal neste sector así como as posibles saídas profesionais vinculadas á avicultura.