Por Pilar Fajarnés Garcés, economista da UNCTAD
O Mestrado en Desenvolvemento Económico e Innovación da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais xunto co grupo de investigación ICEDE (Innovación, cambio estrutural e desenvolvemento) conta esta semana coa presenza de Pilar Fajarnés Garcés, economista da Conferencia das Nacións Unidas para o Comercio e o Desenvolvemento (UNCTAD).
O xoves 30, ás 16.00 na Aula 9 do centro, falará de dixitalización para un desenvolvemento económico inclusivo e sustentable nunha conferencia de entrada libre.
Desde 2017, Pilar Fajarnes traballou como economista na Sección de Investigación de Políticas de Economía Dixital na Subdivisión de Comercio Electrónico e Economía Dixital da División de Tecnoloxía e Loxística (DTL) da UNCTAD. Neste contexto, foi a autora principal do Informe sobre Economía Dixital da UNCTAD.
Anteriormente, Pilar traballou na División de Globalización e Estratexias de Desenvolvemento, como unha das principais autoras do Informe sobre Comercio e Desenvolvemento da UNCTAD, entre 2003 e 2016, e na Subdivisión de Produtos Básicos da División de Comercio, entre 2000 e 2003.
Antes de incorporarse á UNCTAD, Pilar traballou como analista comercial, primeiro no Instituto Español de Comercio Exterior e logo en Asociación Española de Fabricantes Exportadores de Maquinaria para Construción, Obras Públicas e Minería. Tamén foi profesora e investigadora na Universidade de Zaragoza, España, cunha bolsa do Goberno de Aragón.