Pasar al contenido principal

Pinturillo, Mario Kart, xadrez ou Just Dance, nas xornadas que organiza o estudantado da ETSE

ETSE
ETSE
A celebrar entre o 3 e o 6 de novembro, a inscrición é gratuíta e dirixida a toda a Universidade
Santiago de Compostela

Un ano máis, o estudantado da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) organiza as Xornadas Deportivas e Dinamizadoras 2025, que contan con financiamento a cargo das axudas da Vicerreitoria de Estudantes e Cultura.

As actividades, a celebrar entre os días 3 e 6 de novembro en distintas sedes da Escola, consisten nunha serie de torneos de xadrez, Pinturillo, Wii Sports e Mario Kart e Just Dance co obxectivo de fomentar a dinamización na Universidade. A inscrición é gratuíta e pode participar calquera membro da comunidade universitaria. 

Cartel das xornadas
Cartel das xornadas
Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.10.2025.