Pasar al contenido principal

Presentación do libro ‘Retazos de cine. Cincuenta años de cine y Compostela. 1965-2015’, de Ángel Luis Hueso

06.11.2025 | 19.00h

Santiago de Compostela
Paraninfo da Universidade

Montaxe co volume
Montaxe co volume

O xoves 6 ten lugar a presentación do libro Retazos de Cine. (Cincuenta años de cine y Compostela. 1965-2015) do que é autor o que foi profesor de Historia do Cine na USC Ángel Luis Hueso, con edición de Teófilo edicións. 

O acto será ás 19.00 horas no Paraninfo da Universidade baixo a presidencia do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. A presentación correrá a cargo de Fernando Méndez-Leite, presidente da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España, e ademáis do autor asiste tamén Lucía Veiga, presidenta da Academia Galega do Audiovisual. 

O volume recolle actividades relacionadas co cine nas que participou o autor ao longo de cincoenta anos, moitas delas dentro do ámbito da Universidade de Santiago de Compostela e vencelladas con outras españolas e estranxeiras.   
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.10.2025.