Pasar al contenido principal

Últimos días para solicitar participar na Orquestra do Espazo de Cámara da USC

Últimos días para solicitar participar na Orquestra do Espazo de Cámara da USC
Últimos días para solicitar participar na Orquestra do Espazo de Cámara da USC

A Orquestra do Espazo de Cámara da USC mantén aberta a convocatoria deste curso, á que se pode presentar calquera persoa que saiba tocar un instrumento orquestral, con preferencia os da comunidade universitaria. A admisión quedará supeditada á superación da audición prevista para o martes 3 de outubro ás 21:00 horas na Igrexa da Universidade. De non poder asistir, existe a modalidade non presencial enviando un vídeo.

En concreto, este ano búscanse intérpretes de violín, viola, violonchelo, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, trompas, trombóns, trombón baixo, percusión e harpa. A maiores, farase unha lista de reserva de fagote, tuba e piano. Ademais, existe outra modalidade para formar parte da orquestra: como colaboradores da organización, desenvolvendo un traballo de xestión e aprendizaxe na área de xestión cultural.

Os instrumentistas seleccionados poderán participar no grupo residente que ensaiará todos os martes lectivos (agás período de exames) de 21:30 a 23:30 horas na Igrexa da Universidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.09.2017.