Pasar al contenido principal

Implementación práctica dos principios e compromisos de CoARA en ANECA

CoARA ten como obxectivo a transformación dos métodos e procesos mediante os que se avalía a investigación
CoARA ten como obxectivo a transformación dos métodos e procesos mediante os que se avalía a investigación
Con motivo da Semana do Acceso Aberto 2025, Rebiun celebrou a charla "Implementación práctica dos principios e compromisos de CoARA en ANECA", a cargo de Pilar Paneque, directora da Axencia Nacional da Avalaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

CoARA (Coalition for Advancing Research Assessment) é unha coalición que ten como obxectivo a transformación dos métodos e procesos mediante os que se avalía a investigación. Para isto, introduce unha serie de principios que deben rexer a avaliación científica:  ética e integridade, liberdade investigadora, autonomía institucional, independencia e transparencia, calidade e impacto, diversidade e inclusión.  

En España, 85 institucións forman parte de CoARA, entre elas a ANECA, órgano encargado de realizar as actividades de avaliación, certificación e acreditación do sistema universitario español co fin da súa mellora continua e adaptación ao Espacio Europeo de Educación Superior.

A ANECA adheriuse a COARA en 2023 e introduce estes principios na reforma do programa de sexenios de investigación e de acreditación estatal (RD 678/2023).

Podes ver o vídeo completo da Semana do Acceso Aberto nesta ligazón. 

Se precisas información sobre o programa de acreditación do profesorado universitario funcionario ACADEMIA ou sobre os sexenios de investigación, consulta as guías da BUSC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.11.2025.