Pasar al contenido principal

A spin-off da USC Biostatech, seleccionada para o programa Agrobiotech 2017

A spin-off da USC Biostatech, seleccionada para o programa Agrobiotech 2017
A spin-off da USC Biostatech, seleccionada para o programa Agrobiotech 2017

A spin-off Biostatech, promovida e participada pola USC, foi seleccionada xunto con outras nove pemes innovadoras galegas para participar no programa de aceleración Agrobiotech 2017. Ademais de Biostatech, na lista de beneficiarias figura Xenotechs, xurdida froito do traballo de investigadores da USC.

Biostatech creouse en 2012 a partir do traballo do recoñecido grupo de investigación GRIDECMB que coordina a catedrática de estatística Carmen Cadarso Suárez, que á súa vez é unha das promotoras principais. A súa actividade céntrase no asesoramento avanzado en bioestatística, formación e investigación aplicada de novas metodoloxías.

Para o seu director xerente, Vicente Lustres, a selección de Biostatech para este programa é un “gran recoñecemento non só para nós senón tamén para a USC e a estatística en xeral, que é sen dúbida a ferramenta fundamental para lograr mellorar resultados de investigación e poñer en valor a empresa”.

Lustres quere poñer en valor ademais, “porque é crucial para a consecución de oportunidades como Agrobiotech”, o apoio “constante” ás spin-offs da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE) así como do Edificio Emprendia, incubadora deste tipo de empresas no que teñen as súas oficinas.

Agrobiotech é un programa de aceleración impulsado pola Xunta de Galicia, a Axencia Galega de Innovación e o Parque Tecnolóxico de Galicia dirixido ao impulso e o crecemento sostible das pemes innovadoras galegas en tres sectores estratéxicos, como son biotecnoloxía, agroalimentación e biomasa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.07.2017.