Pasar al contenido principal

OpSeeker e ZebraNanoTox gañan os premios de emprendemento Santander YUZZ de Santiago e Lugo

OpSeeker e ZebraNanoTox gañan os premios de emprendemento Santander YUZZ de Santiago e Lugo
OpSeeker e ZebraNanoTox gañan os premios de emprendemento Santander YUZZ de Santiago e Lugo
Os seus promotores conseguen unha praza para viaxar a Silicon Valley xunto a outros 50 emprendedores

A startup OpSeeker, un asesor financeiro en liña independente, e ZebraNanoTox, de servizos de avaliación de toxicidade e eficacia de compostos e nanocompostos en peixe cebra, foron os gañadores da oitava edición do programa Santander Yuzz nos Centros de Santiago e Lugo, respectivamente.

Os seus promotores conseguen así unha praza para viaxar a Silicon Valley xunto aos outros 50 mellores mozos e mozas emprendedores do programa que promove Banco Santander a través de Santander Universidades e coordina o Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE). Á volta asistirán á final nacional que ten lugar na Cidade Grupo Santander de Boadilla del Monte na que se elixirán os tres mellores proxectos emprendedores, que recibirán 30.000, 20.000 e 10.000 euros.

As ferramentas desenvolvidas polos promotores de OpSeeker, o licenciado en Finanzas Gonzalo Camiña Ceballos e a enxeñeira informática Lucie Hefnerová, traballan a parte psicolóxica dos investimentos e á vez proporcionan a información necesaria para que o usuario saiba cómo e onde debe investir, “axudando a comprender a importancia de combinar o aforro e os investimentos a longo prazo coas estratexias e produtos máis axeitados”, explican.

Pola súa banda, en ZebraNanoTox Vanessa Pérez Cedrón e a súa colaboradora Carla Gutiérrez baseáronse na utilización dun innovador e recente organismo modelo, como é o peixe cebra.

Tecnoloxía disruptiva
Ademais do premio ao mellor proxecto, o Centro Yuzz Santiago acordou recoñecer a valía doutros proxectos que pasaron este ano polo programa. En Santiago, Lumpwave foi o finalista do Premio Santander YUZZ de Innovación Tecnolóxica Disruptiva. O seu promotor, Ignacio Hernández Jiménez, pretende desenvolver un envase que permita a conservación da comida caseira (guisos, arroces, carnes..) sen necesidade de usar neveiras ou frigoríficos, durante máis tempo e de maneira máis cómoda.

En Lugo, EICPar, impulsado por José Angel Hernández Malagón e Antonio Miguel Palomero Salinero, resultou finalista nesta categoría, que impulsa INDRA cunha dotación de 3.000 euros e con apoio e asesoramento de profesionais de Indraventures.

Yuzz Muller
Pola súa banda, Coeduca, un proxecto creado por Cecilia Porral Iglesias, foi seleccionado no Centro de Lugo como finalista para o premio YUZZ Muller que patrocina a Fundación EY dotado con 20.000 euros, mentres que en Santiago este galardón lle correspondeu a Andrea Hernández.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.07.2017.