Pasar al contenido principal

A orquestra do Espazo de Cámara da USC interpretará a Villa-lobos, Piazzolla, Márquez e Ginastera no concerto ‘Músicas do novo mundo’

A orquestra do Espazo de Cámara da USC interpretará a Villa-lobos, Piazzolla, Márquez e Ginastera no concerto ‘Músicas do novo mundo’
A orquestra do Espazo de Cámara da USC interpretará a Villa-lobos, Piazzolla, Márquez e Ginastera no concerto ‘Músicas do novo mundo’

Obras de Villa-lobos, Piazzolla, Márquez e Ginastera soarán no concerto ‘Músicas do novo mundo’ que este xoves 11 ofrecerá a Orquestra do Espazo de Cámara da USC baixo a dirección e Mario Diz a partir das 20.30 horas na Igrexa da Universidade. O repertorio contará coa participación de Pablo Sampedro ao acordeón e dos profesores convidados Roberto Santamarina, Antía García, Pedro Romero, Sasha Crisan e Iago Lariño.

A Orquestra do Espazo de Cámara da USC está incluída na rede de Orquestras Universitarias Europeas (ENUO), onde conflúen formacións de 28 nacionalidades de toda Europa. O seu obxectivo é impulsar na mocidade universitaria e, por extensión na cidadanía de Compostela, un proxecto educativo e cultural onde o eixo fundamental e é a música. Esta formación de estudantes universitarios con formación musical procura de maneira prioritaria a formación musical dos seus membros que co traballo continuado adquiren un maior compromiso co estudo e a difusión dos valores da música.

Dende o ano 2010 é director da Orquestra Mario Diz, discípulo do mestre Antón García Abril no eido composición. Nos últimos anos exerce unha intensa actividade compositiva para diferentes agrupacións musicais profesionais e didácticas, entre as que cabe salientar estreas absolutas nos últimos dous ciclos das Xornadas de Música Contemporánea ou o encargo e tres pezas para banda por parte a Banda Municipal de Santiago de Compostela.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.08.2016.