O CiTIUS acolle en xullo un curso sobre Big Linked Data
Keystone ofrece 24 bolsas de 500 euros
O CiTIUS e Keystone Cost, en colaboración co grupo SID da Universidade Zaragoza e o Laboratorio de Bases de Datos da Universidade da Coruña, organizan entre o 18 e o 22 de xullo en Santiago o curso de verán ‘ Keyword Search in Big Linked Data’ dirixido a graduados e posgraduados no comezo das súas carreiras investigadoras e centrado en áreas de coñecemento relacionadas co campo do Big Linked Data.
Keystone ofrece 24 bolsas de 500 euros cada unha para estudantes de grao e novos investigadores. Para optar a elas os candidatos deben enviar a documentación requirida (CV e carta de motivación) a keystone.school [at] usc.es (keystone[dot]school[at]usc[dot]es), con data límite o 6 de maio.