Pasar al contenido principal

A Comisión Nacional Española de Cooperación coa Unesco dá o seu patrocinio ao proxecto D3Mobile do Campus Terra da USC

Portal web do campionato escolar internacional D3Mobile
Portal web do campionato escolar internacional D3Mobile
O apoio da Unesco é un revulsivo para un certame escolar que rexistra en 2016 cifras récord de participación de alumnos, docentes, centros e países, sinalan os promotores

A Comisión Nacional Española de Cooperación coa Unesco patrocinará en 2017 o campionato científico escolar D3Mobile Metrology World League, segundo adiantaron os promotores deste certame internacional, organizado polo grupo investigación USCAN3D do Campus Terra da USC, en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e outras entidades.

“O compromiso de apoio recibido da Comisión Nacional Española de Cooperación coa Unesco consitúe un novo recoñecemento e tamén un gran orgullo para o grupo de investigación USCAN3D da USC” , sinala o director do proxecto D3Mobile, quen califica a consecución deste patrocinio como “un importante distintivo de calidade que contribuirá a unha maior difusión internacional do D3MOBILE nunha contorna cada vez máis competitiva no que a campionatos científico/técnicos para escolares se refire”. O profesor Juan Ortiz precisa asemade que o respaldo recibido responde a que a Comisión Nacional Española de Cooperación coa Unesco considera este campionato científico escolar como unha actividade interesante e con importantes contribucións á filosofía da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e Cultura. Dado o interese e repercusión e participación internacional na D3Mobile Metrology World League, a Comisión Nacional de Cooperación Española coa Unesco elevou a petición de patrocinio para este certame ao gabinete do Director Xeral de UNESCO en París, que está a valorar nestes momentos a posibilidade de outorgar tamén o mecenado da Secretaría da Unesco a unha iniciativa de divulgación científica impulsada desde a Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC. Rércord de participación e internacionalización na edición de 2016 O D3Mobile Metrology World League 2016 rexistra as mellores cifras de participación de estudantes (1.348), profesores (249), centros (223) e países (37) das catro edicións deste certame desenvolvidas até a actualidade e representa un incremento de entre un 10 e un 30 % respecto do ano anterior. O 27 % destas novas promesas STEM (Sciencie, Technology, Engineering e Mathematics) son estranxeiros, o que implica un notable incremento no grao de internacionalización dest campionato respecto da terceira edición celebrada en 2015. Modelos 3D de alta calidade Os modelos 3D presentados a concurso na edición 2016 do D3Mobile presentan elevados estándares de calidade, o que denota a valía dos estudantes participantes e tamén do seu profesorado, os verdadeiros protagonistas do campionato, segundo salientan os organizadores. Ortiz sinala neste senso que os equipos participantes na presente edición de D3Mobile demostraron a súa capacidade para converter os seus propios teléfonos móbiles nunha ferramenta de medida de coordenadas 3D de precisión cun nivel de error mínimo e todo, cun software gratuíto, dixo. Moitos centros educativos integraron o campionato nun proxecto transversal, de tal modo que seleccionaron un tema de traballo, definiron unha peza representativa, construírona, decorárona e, finalmente, fotografiárona para obter o modelo 3D e participar na categoría máis creativa do campionato, a de artistas 3D. Abertas as votacións para os modelos 3D máis populares Os organizadores do D3Mobile veñen de abrir o prazo para determinar os modelos 3D máis valorados polo público. O período de votación en liña permanecerá aberta até o 3 de xuño na web www.de3mobile.es. Todos os participantes nestas votacións abertas ao público en xeral e a través das que se busca achegar a ciencia á cidadanía, entrarán no sorteo de diversos agasallos. A divulgación reporta certo recoñecemento social aos autores dos modelos 3D máis votados, segundo sinalaron o coordinador do D3Mobile, Juan Ortiz, e Mariluz Gil Docampo, directora do grupo de investigación USCAN3D da USC, do que tamén forman parte os investigadores Santiago Martínez Rodríguez e Teresa Rego Sanmartín. Amplo apoio institucional

O campionato D3Mobile Metrology World League conta cun amplo apoio institucional que segue a medrar ano tras ano. Ademais do respaldo da Fecyt, a máxima entidade responsable da difusión científica en España, que por cuarto ano consecutivo volveu incluír este proxecto entre os preto de 200 financiados das máis de 722 solicitudes recibidas, o D3Mobile 2016 conta tamén co apoio do Centro Español de Metroloxía (CEM), Instituto Xeográfico Nacional (IGN), Fundación Vodafone España, Universia, o programa A Ponte entre ou Ensino medio e a USC, Fundación Barrié, Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Lugo, Concello da Coruña, Sociedade Latinoamericana de Ciencia e Tecnoloxía, Fundación COMFORP, así como das empresas BQ, PCE ou Educación 3.0, ademais doutras entidades.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.04.2016.