Pasar al contenido principal

A profesora da USC López Agüera impulsa proxectos sustentables nunha rexión do norte de Arxentina cun programa da Unesco

A profesora do Departamento de Física da USC Ángeles López Agüera está completar unha estadía na provincia arxentina de Chaco convidada polo Goberno da Nación para impulsar accións a prol do desenvolvemento integral dos campesiños e pequenos produtores rurais que habitan a boscosa rexión arxentina de Impenetrable.

A nova actuación a prol do desenvolvemento sustentable que está a realizar en Arxentina o equipo da coordinado pola física da USC encádrase no Proxecto Unesco de Comunidades Sustentables, un programa coordinado pola propia Ángeles López Agüera baixo o auspicio da Unesco e que nos últimos anos xa posibilitou a execución e posta en marcha de 43 plans de comunidades sustentables en países de Centroamérica, Caribe e América do Sur. Esta iniciativas están baseadas en todos os casos na aplicación de solucións tecnolóxicas sinxelas e non demasiado custosas, pero con capacidade para dar resposta e satisfacer necesidades das poboacións locais. O obxectivo deste novo proxecto de desenvolvemento sustentable no que participa a USC na rexión boscosa do Impenetrable, situada ao norte de Arxentina, é o de acadar o desenvolvemento integral das comunidades locais, a fin de mellorar a súa calidade de vida, a partir da autoxestión dos recursos propios e a través de accións enfocadas ao eixe turístico como lanzadeira produtiva.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.04.2016.