Pasar al contenido principal

Este sábado inaugúrase ‘Morte Terra’, unha reflexión visual do fotógrafo Matteo Bertolino sobre o despoboamento en Galicia

Este sábado inaugúrase ‘Morte Terra’, unha reflexión visual do fotógrafo Matteo Bertolino sobre o despoboamento en Galicia
Este sábado inaugúrase ‘Morte Terra’, unha reflexión visual do fotógrafo Matteo Bertolino sobre o despoboamento en Galicia

A exposición ‘ Morte Terra’, na que o fotógrafo internacional Matteo Bertolino ofrece unha reflexión visual sobre o proceso de despoboamento en Galicia, poderá visitarse a partires deste sábado 30 en Compostela. A inauguración será ás 11.30 horas no Claustro do Colexio de Fonseca.

O autor, italiano afincado en Galicia, céntrase na realidade do despoboamento na provincia de Ourense, por ser esta paradigma do fenómeno. A través da súa mirada –de estranxeiro nesas terras--, analiza a dualidade galega e fixa a súa atención no que ocorre na parte oriental da comunidade en termos demográficos, sociais e territoriais.

A mostra reúne unha selección de 25 imaxes situadas entre os xéneros da fotografía documental e de autor, e preséntase como avance dun proxecto no que Bertolino se atopa inmerso actualmente. “ Trátase dun proxecto a longo prazo que pretende culminar coa edición dun fotolibro”, explica o fotógrafo.

‘Morte Terra’ está organizada polo proxecto europeo campUSCulturae, cofinanciado pola Universidade de Santiago de Compostela e pola EACEA Culture Agency, e poderá visitarse Claustro de Fonseca ata o 20 de xuño.

Matteo Bertolino
Nado en Turín (Italia, 1977), Matteo Bertolino vive actualmente en Santiago de Compostela, aínda que desenvolve a súa actividade profesional ao longo de catro continentes, en varios sectores. Ten publicado e realizado traballos como fotógrafo para una gran cantidade de medios e organismos, públicos e privados, como La Repubblica, Progreso Fotográfico, Bolivian Express, Shoot4Change, Missioni Consolata, Reportageonline, Tempo, Talentphoto, Il Giornale, Reportage, Promove (Galicia) ou a embaixada de Italia en El Salvador. Ademais, foi galardoado na edición de 2011 dos Humanity Photo Awards (HPA-UNESCO).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.04.2016.