O Coro Universitario busca novas voces
As probas de selección serán o mércores 3
O Coro Universitario celebrará a vindeira semana, o mércores 3, a segunda quenda de probas deste curso para a selección de novas voces. As persoas interesadas deberán achegarse á Igrexa da Universidade a partir das 20.00 horas.
O Coro fundouse en 1979 por iniciativa da Vicerreitoría de Extensión Universitaria con Maximino Zumalave como director, a quen lle seguiron Xan Viaño, Margarita Guerra, Juan Carlos García Pardo e Juan Carlos Dorgambide. Dende 1999 diríxeo Miro Moreira, profesor de Canto Coral e Formación Vocal da USC. Na actualidade concíbese como un proxecto pedagóxico de formación coral que desenvolve unha interesante actividade de difusión da música antiga.