O reitor Juan Viaño participa nun encontro coa comisión asesora externa do Campus Terra da USC trala súa constitución

A comisión de asesoramento externo do Campus Terra da USC botou a andar este luns na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo coa celebración da xuntanza de constitución deste órgano asesor externo, que está presidido polo director do Campus da Alimentación de Torribera da Universidade de Barcelona, Marius Rubiralta. O coordinador do Campus de Excelencia Internacional ceiA3 da Universidade de Córdoba, Enrique Quesada; o profesor de Saúde Pública Veterinaria do Royal Veterinary College da Universidade de Londreds, Francisco Javier Guitián; o director da Oficina de Tecnoloxía Académica da Universidade de Florida, Fedro S. Zuzaeta; José Manuel Cabrera, reitor da universidade mexicana de Guanajuato no período 2011-2015, e o director xeral de Feiraco, José Luís Antuña, completan a relación de integrantes desta comisión.
Unha vez formalizada a súa constitución, os membros do comité de asesoramento externo do Campus Terra da USC aproveitaron a súa primeira xuntaza de traballo para facer unha exhaustiva análise dos plan estratéxico 2015-2019, así como do plan de acción 2015-2016 do Campus Terra. A revisión de documentación relativa á gobernanza deste campus da USC, así como das súas primeiras actuacións e planes operativas foron tamén parte do traballo realizado pola comisión durante a sesión matinal, que rematou cun encontro dos membros deste comité externo co reitor da USC, Juan Viaño. Os vicerreitores de Coordinación, Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico e Servizos Universitarios do campus de Lugo, Javier Bueno, Andrés Barreiro e Carme Silva, respectivamente, foron outros dos participantes nesta xuntanza, á que tamén se incorpou a subidectora Xeral de Pomoción Científica e Tecnolóxica Universitaria da Xunta de Galicia, María Jesús Tallón Nieto. A comisión de asesoramento externo do Campus Terra prolongou a súa actividade en quenda de tarde coa celebración de diversas xuntanzas de traballo cos integrantes da comisión reitora do Campus Terra, así como con represetantes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e tamén con axentes sociais, actores públicos e representantes sectoriais implicados. O programa da primeira reunión ordinaria da Comisión de Asesoramento Externo do Campus Terra da USC rematou cunha visita á sede universitaria luguesa, a partir das 19.15 horas. Neste percorrido, os membros do comité asesor externo visitaron a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxía Alimentarias (APLTA), o edificio Cactus, os laboratorios da Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (Pemade) radicados na Escola Politécnica Superior, e o hospital veterinario Rof Codina. Posta en común de resultados e conclusións A comisión de asesoramento externo do Campus Terra da USC fará este martes 31 de maio a presentación dos resultados, consideracións xerais e recomendacións iniciais logo da súa primeira xuntanza de traballo no marco dun acto público que se desenvolverá a partir das 10.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo. Ao remate deste acto de presentación aberto a todas as persoas interesadas, os membros da comisión asesora externa do Campus Terra da USC atenderán, a partir das 11.00 horas, no mesmo escenario, aos medios de comunicación que o demanden.