Pasar al contenido principal

Factoría de Subsistencia interpreta na Casa do Saber o seu último traballo, ‘Cerca da túa orella’, no ciclo Lubicán

Sabela Dacal e Josito Porto, integrantes de Factoría de Subsistencia
Sabela Dacal e Josito Porto, integrantes de Factoría de Subsistencia
O concerto, de entrada libre e de balde ata completar aforo, desenvolverase este xoves 21 de abril, a partir das 21.00 horas

Factoría de Subsistencia, o novo proxecto musical de Sabela Dacal e Josito Porto, presentará este xoves, a partir das 21.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o seu último traballo ‘ Cerca da túa orella’, no marco do ciclo Lubicán, un programa organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participa a USC xunto co Concello de Lugo e a Deputación Provincial de Lugo.

Factoría de Subsistencia aglutina os sons da guitarra de Josito Porto e do acordeón de Sabela Dacal nunha mostra de complicidade.O nome deste proxecto musical é xa unha declaración de intencións: crear e darlle forma ás ideas.

No concerto de presentación de ‘Cerca da túa orella’ ao público lugués, unha actuación de entrada libre e de balde para todo o público interesado, Josito Porto e Sabela Dacal estarán estarán acompañados por Mon Orencio (guitarra, baixo e trompeta) e José Lameiras (batería).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.04.2016.