Pasar al contenido principal

Presentación do programa de actividades do festival son[UT]opías 2015/2016

A modo de festa da diversidade, das culturas e das sensacións, o proxecto campUSCulturae presentará no festival son[UT]opías 2015/2016 as conclusións alcanzadas neste bienio de traballo a prol do entendemento cultural, a inclusión na cultura das persoas en risco de exclusión social social e o diálogo das artes e os pobos.

O vicerreitor de Comunicación, Xosé Pereira, e o coordinador de campUSCulturae, Xosé A. Neira Cruz, presentarán en rolda de prensa os detalles do programa deseñado e que se vai desenvolver dende o próximo xoves 21 ata o próximo día 30 de abril. A presentación celebrarase a partir das 11.30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca e nela tamén está previsto que participen o autor e director dun dos espectáculos incluídos no programa (Gute Nacht), Gonzalo Vázquez; os autores e directores da Pequeorquestra campUSCulturae Babyland, Alfonso Franco e Paula Solás; e os directores de Teatro pola Integración, Ana Carreira e Manuel Polo.

Un recital poético-musical, teatro, unha exposición arredor de Cervantes, Shakespeare e Rubén Darío ou diversas propostas musicais, conforman o programa de actividades que integran son[UT]opías. campUSCulturae é unha aposta da USC co financiada pola EACEA Cultura Agency da UE a prol das culturas do mundo, do entendemento intercultural e do fomento da diversidades e o pluralismo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.04.2016.