Pasar al contenido principal

A compañía de teatro USC-Lugo presenta este mércores en Vigo ‘O Público’, unha obra que levará o domingo 25 a Ourense

Representación de 'O Público'
Representación de 'O Público'

A compañía de teatro USC-Lugo, dirixida por Paloma Lugilde, presentará este mércores na XVIII Mostra de Teatro Universitario da Vigo a obra ‘O Público’, de Federico García Loca, unha peza que vén de estrear con éxito de público e crítica no XXII Festival Internacional de Teatro Universitario de Lugo. A representación teatral a cargo da compañía universitaria luguesa está programada para as 18.00 horas, no Teatro da Cidade Universitaria de Vigo.

A xira de ‘O Público’ a cargo da compañía de teatro USC-Lugo continuará o domigo 25 de abril, cando a formación luguesa presentará a súa última creación na Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense. A actuación desenvolverase a partir das 20.30 horas no auditorio municipal de Ourense.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.04.2016.