Pasar al contenido principal

Unhas xornadas sobre asesoramento rural promovidas pola Rede Igsea citan uns 20 profesionais no Campus Terra

Javier Bueno, con participantes na xornada sobre asesoramento rural no edificio Cactus
Javier Bueno, con participantes na xornada sobre asesoramento rural no edificio Cactus
O suízo Daniel Roduner, de Agridea, participa nas sesións formativas desenvolvidas no edificio Cactus do campus de Lugo

As xornadas de asesoramento rural ‘Capacidades do asesor en áreas rurais. Métodos’, promovidas pola Rede de Investigación para a Xestión Sustentable da Empresa Agroalimentaria (Igsea) para formar ás persoas que se encarguen do aconsellamento de explotacións agropecuarias, citan esta semana no Campus Terra da USC uns 20 profesionais, entre os que se atopan enxeñeiros técnicos agrícolas, veterinarios e enxeñeiros agronómicos, que están a exercer o seu cometido profesional como asesores en distintas explotacións galegas.

O docente Daniel Roduner, do organismo internacional para o Desenvolvemento da Agricultura e Áreas Rurais (Agridea), que se ocupa da formación e asesores rurais en diversos países europeos, así como de América e Asia, participa desde o luns nas sesións formativas programadas no edificio Cactus da sede universitaria luguesa. Os conceptos as nocións formativas impartidas por Roduner no marco deste módulo formativo específico responden ao sistema de certificación europeo Cecra, que garante a formación e a capacidade dos asesores agrarios para a realización das súas funcións. No caso deste módulo, a temática do programa formativo está orientada a facilitar ao asesor a metodoloxía precisa para o exercicio do asesoramento agrario. As persoas inscritas neste programa formativo, estruturado en sesións expositivas e de carácter interactivo, a fin de mellorar as capacidades e competencias do asesor/a, recibiron a vista do vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, quen trasladou os seus parabéns aos alumnos e promotores dunha actividade formativa que contribúe a satisfacer as esixencias europeas en materia de formación continua periódica dos asesores agrarios.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.04.2016.