Aberta a convocatoria da Escola Infantil Breogán e das axudas para escolarización de menores de tres anos no Campus de Lugo
O día 22 de abril remata o prazo para a solicitude de prazas na Escola Infantil Breogán do Campus compostelán e, no caso de Lugo, para as axudas para a escolarización de menores de tres anos.
Escola infantil
Do total de prazas ofertadas, o 75 por cento destinarase ao persoal docente e investigador e de administración e servizos, o 12% a estudantado de grao e másteres, o 11% ao de programas de doutoramento a tempo completo e persoal investigador en formación e o 2% a membros da comunidade universitaria con necesidades especiais.
As modalidades nas que presta servizo a Escola Infantil Breogán inclúe distintas modalidade tanto de media xornada como xornada completa, engadindo a posibilidade de comedor e merenda. Os prezos estableceranse en función da renda persoal e da modalidade escollida. Os solicitudes de admisión deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible na web www.usc.es/gl/servizos/breogan.
Campus de Lugo
No Campus de Lugo ofertarase unha axuda para a cobertura parcial do custe da praza nunha escola infantil non sostida con fondos públicos. Como requisitos xerais, será preciso que os/as solicitantes formen parte da comunidade universitaria do Campus de Lugo e que teñan ao seu cargo un/unha neno/nena nacidos con posterioridade ao 31 de decembro de 2013. O menor deberá estar matriculado nunha escola infantil non sostida con fondos públicos.