Pasar al contenido principal

Vinte paneis no Colexio de Fonseca mostran a influencia da emigración na creación da imaxe de Galicia no século XIX

Vinte paneis con abundante información e material gráfico mostran no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca a influencia da emigración na creación da imaxe de Galicia no século XIX baixo o lema ‘ Galicia imaxinada’. Esta é unha proposta do Consello da Cultura Galega que abriu as súas portas ao público este martes nun acto que contou coa asistencia do reitor Juan Viaño.

O material exposto traza o seu discurso a partir da revisión de revistas porteñas como Céltiga, Suevia e Almanaque Gallego, xunto coas habaneiras Eco de Galicia e Tierra Gallega, entre moitas outras. O percorrido que se presenta en Fonseca permite reconstruír parcialmente a Galicia da emigración en base aos símbolos, tradicións e tópicos e, así, acadar unha imaxe completa da cultura visual da época. A mostra poderá visitarse ata o 21 de marzo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.02.2016.