Pasar al contenido principal

A USC e o Concello de Santiago asinarán un convenio para desenvolver actividades de divulgación científica sobre medio ambiente

O reitor Juan Viaño Rey e o alcalde do Concello de Santiago, Martiño Noriega Sánchez, asinarán o luns 4 un convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto de actividades de divulgación científica sobre medio ambiente. A sinatura celebrarase no Pazo de Raxoi a partir das 11.00 horas.

O Museo de Historia Natural da USC e a Concellería de Medio Ambiente e Convivencia serán os responsables de desenvolver as distintas actividades e iniciativas que se acorden levar a cabo nos vindeiros dous anos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.04.2016.