Pasar al contenido principal

Xornadas de iniciación ao sendeirismo e baixa montaña

Xornadas de iniciación ao sendeirismo e baixa montaña
Xornadas de iniciación ao sendeirismo e baixa montaña

A afección a saír a camiñar gozando da natureza crece ano tras ano, pero moitas veces falla información sobre cómo facelo correctamente. Por esta razón, a Fundación USC Deportiva organizará a partir do 31 de maio en Santiago de Compostela unhas xornadas de iniciación ao sendeirismo e baixa montaña.

Quen participe nestas xornadas adquirirá coñecementos sobre os materiais máis adecuados, técnicas de progresión, cartografía, orientación e, en xeral, aprenderá a planificar con seguridade as súas saídas. O curso estará impartido por Víctor Fidalgo, técnico en Condución de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural e guía das actividades de sendeirismo organizadas pola USC.

As persoas interesadas poden inscribirse no curso completo ou en cada un dos catro bloques que contempla: Introdución, materiais e conceptos teóricos (6 horas); Técnicas de progresión (3 horas); Cartografía e orientación (8 horas); e unha xornada práctica en O Pindo (8 horas).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.04.2016.