Pasar al contenido principal

Xa se pode participar no segundo Concurso de Teatro Xaponés

Xa se pode participar no segundo Concurso de Teatro Xaponés
Xa se pode participar no segundo Concurso de Teatro Xaponés

Alumnado e ex alumnos/as da sección de xaponés do Centro de Linguas Modernas da USC son os destinatarios/as da segunda edición do Concurso de Teatro Xaponés. A inscrición pode formalizarase ata o 20 de maio.

A obra terá un máximo de 10 minutos de duración e, co lema ‘Co obxectivo de...’, tentará reflectir a alguén que aspira a conseguir algo, a alcanzar unha meta ou atopar alguén e as distintas reaccións doutras persoas fronte esta aspiración, incluíndo unha situación sería e problemática. As obras, escritas en xaponés, serán propostas por grupos mínimos de tres persoas e máximos de cinco cun nivel mínimo de coñecemento do idioma de A1.

O concurso pretende achegar os costumes e a cultura de Xapón promovendo intercambio de información e coñecementos entre os/as estudantes de xaponés de España ao tempo que ter a oportunidade de avanzar no coñecemento cultura e lingüístico.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.04.2016.