Pasar al contenido principal

A edición 2016 de U-Multirank destaca a capacidade investigadora da USC

A imaxe describe aqueles ámbitos nos que a USC acada valoración
A imaxe describe aqueles ámbitos nos que a USC acada valoración

A USC acada no ámbito da investigación as súas mellores valoracións no U-Multirank, unha clasificación independente financiada pola Comisión Europea que na súa terceira edición analiza os datos de 1.300 universidades de máis de 90 países. Esta clasificación avalía diferentes ámbitos da actividade universitaria (docencia, investigación, transferencia de coñecemento ou mobilidade internacional, entre outros) clasificándoos nunha escala que oscila entre o nivel A ou 1, o máis alto, e o E ou 5. Segundo os seus promotores, o sistema permite crear comparacións personalizadas e consultar as fortalezas e debilidades en diferentes ámbitos.

Como xa sucederá en 2015, a USC volve conseguir as súas mellores valoracións en investigación, así como na súa orientación internacional. Ademais, na nova edición a USC incrementa o número total de publicacións científicas, o volume de recursos de investigación externos, as publicacións máis citadas, a produción cultural ou publicacións interdiscplinarias, apartados nos alcanza os niveis A e B. Mantén o seu nivel de citacións e, no ámbito de ensino e aprendizaxe, recibe a segunda cualificación máis alta no relativo á ratio de graduación en máster.

En mobilidade estudantil, tanto de estudantes cara outros países como na recepción de alumnado estranxeiro, a USC acada o nivel B, cualificación que tamén recibe no apartado de publicacións realizadas en colaboración de persoal investigador doutros países. A universidade compostelá tamén mellora os seus datos relativos a programas de grao e máster en linguas estranxeiras e persoal académico estranxeiro, pasando dun nivel E ao D.

Polo que respecta a transferencia de coñecemento, a USC destaca en patentes licenciadas, tanto no número total como por tamaño normalizado, e publicacións citadas en patentes.

U-Multirank
U-Multirank desenvólveo un consorcio independente que lidera o Centre for Higher Education de Alemaña (CHE), o Center for Higher Education Policy Studies (CHEPS) da Universidade de Twente e o Centre for Science and Technology Studies (CWTS), ambas as dúas de Holanda. O consorcio está encabezado polos profesores Frans van Vught, do CHEPS, e Frank Ziegele do CHE. Ademais colaboran a Fundación Bertelsmann, a organización independente Push, a empresa de software Folge 3 así como diversas asociacións e organizacións interesadas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.04.2016.