Pasar al contenido principal

A segunda Carreira Universitaria Solidaria recadará fondos para a Fundación Andrea

De esquerda a dereita, o alumno de Medicina Daniel Grado; a presidenta da Fundación Andrea, Charo Barca, e Antonio Vázquez de Campus na Nube.
De esquerda a dereita, o alumno de Medicina Daniel Grado; a presidenta da Fundación Andrea, Charo Barca, e Antonio Vázquez de Campus na Nube.

A segunda Carreira Universitaria Solidaria disputarase o vindeiro día 21 ás 19.30 horas nun circuíto que discorre por Campus Vida ao longo de 5,5 quilómetros e destinará os fondos recadados á Fundación Andrea. Esta é unha iniciativa que organiza a empresa Campus na Nube coa colaboración dun grupo de estudantes da Facultade de Medicina e o Servizo de Deportes da USC. A inscrición ten un custe de 8 euros, dos que 3 destinaranse a gastos de organización e os 5 restantes á Fundación Andrea.

A saída estará emprazada na avenida Antonio R. Ibáñez e discorrerá a carón da pista de tenis da USC pasando pola Alameda compostelá ata acceder á meta localizada no interior da pista de atletismo da Universidade de Santiago. A inscrición xa se pode formalizar na web www.carreirasgalegas.com ou presencialmente nos centros de Campus na Nube nas facultades de Dereito, Medicina, Psicoloxía, Filoloxía, Ciencias Económicas e Farmacia. Ademais establecerase un dorsal cero para todas aquelas persoas que queiran deixar a súa achega económica.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.04.2016.