Pasar al contenido principal

Responsables universitarios de Azerbaiyán, Ucrania, Tayikistán e kirguistán visitan o Campus Terra cun proyecto internacional

Bueno e Barreiro, no centro, cos representantes de universidades de países de Asia central
Bueno e Barreiro, no centro, cos representantes de universidades de países de Asia central
Os vicerreitores Javier Bueno e Andrés Barreiro informaron á delegación asiática sobre cuestións e procedementos de administración universitaria en asuntos internacionais

Os vicerreitores Javier Bueno e Andrés Barreiro ofreceron este xoves unha recepción institucional a responsables seis universidades de Azerbaiyán, Ucrania, Tayikistán e kirguistán que están a visitar a USC no marco do proxecto internacional Tempus Univia, orientado a favorecer o desenvolvemento e a mellora da administración universitaria en asuntos internacionais.

A delegación asiática que visitou este xoves o Campus Terra da USC, unha comitiva integrada por sete responsables universitarios, tivo a ocasión de coñecer a Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, ademais de visitar a Unidade de Xestión Administrativa (UXA) e coñecer así de primeira man o funcionamento dos distintos servizos universitarios. O proxecto Tempus Univia de desenvolvemento e mellora da administración universitaria en asuntos internacionais (UNIVIA) está orientado á creación e ao reforzo dunhas relacións internacionais completamente novas, a partir da implantación e a optimización de mecanismos de administración flexible para mellorar o traballo e favorecer unha administración universitaria global. Daquelas, as universidades asiáticas que participan neste proxecto internacional recorren á maior experiencia das institucións académicas europeas para coñecer o seu funcionamento administrativo no eido das relacións internacionais, a fin de poder incorporalos logo aos seus respectivos centros de procedencia.

A delegación asiática chegada este xoves á sede universitaria recalou o 4 de abril en Santiago de Compostela, onde permanecerá ata o vindeiro xoves 14. Durante a súa estadía en Santiago, onde, entre outros servizos universitarios, xa visitaron o Centro de Linguas Modernas, os membros desta delegación universitaria terán oportunidade de coñecer o funcionamento dos distintos servizos administrativos e de goberno da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.04.2016.