Pasar al contenido principal

Entregados os premios do I Concurso de Nadal da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC

O reitor, no centro, presidiu a entrege de premios. Foto: Santi Alvite
O reitor, no centro, presidiu a entrege de premios. Foto: Santi Alvite

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC (AAMHN) entregou este martes 23 os premios do seu Concurso de Nadal, dedicado nesta primeira edición aos minerais, e á que se presentaron 63 traballos, a maioría de rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos. O acto de entrega presidiuno o reitor da USC e presidente da AAMHN, Juan Viaño, coa participación da directora do museo e vicepresidenta da asociación, Maribel Fraga, e do secretario, Francisco Caamaño.

Na categoría de 5 a 8 anos resultou vencedora Ánxela Maneiro Pérez, de 8, polo seu traballo Minerais na nosa vida . Na segunda, de 9 a 13, gañou David Gutiérrez Fernández, de 11 anos, por Talco, óxido de ferro e serpentina . Sergio García Coira, un rapaz de 14 anos, venceu co traballo Azurita e, finalmente, na categoría de 18 ou máis a gañadora foi Begoña Moreiras España por Diamantes . Os catro recolleron cadansúa tablet como premio.

O xurado desta primeira edición estivo formado pola xunta directiva da Asociación: a vicepresidenta e directora do Museo, Mabel Fraga; o tesoureiro, Roberto Almuiña Díaz; o secretario, Francisco Caamaño Isorna; e os vogais Rosario García-Echave López, José Luis Veiga Goy, Adela Vázquez Vázquez, Manuel Sanmartín Durán e Felipe Bárcena Varela de Limia.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.02.2016.