Pasar al contenido principal

Presentación dos concertos incluídos no ciclo Lubicán 2016 e das actuacións programadas nos ‘Xoves de moda’

A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, o deputado delegado da área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, Xosé Ferreiro, e a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Carmen Basadre, presentarán este mércores, a partir das 17.30 horas, no salón de plenos do concello de Lugo, os concertos incluídos no ciclo de música galega Lubicán 2016, así como as intervencións programadas nos ‘Xoves de moda’.

Os ciclos Lubicán e ‘Xoves de moda’ son dous dos programas culturais promovidos pola USC e que contan tamén con financiamento da Deputación Provincial de Lugo e do Concello de Lugo ao abeiro do convenio Lugo cultural.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.02.2016.