A compañía teatral Krilajo estrea este martes a obra ‘Raíz’ no salón de actos da residencia universitaria Jesús Bal y Gay

A compañía de teatro afeccionado krilajo, unha formación de carácter universitario integrada por José María Tubío, Laura Lusquiños e Patri Jorganes, estreará este martes, a partir das 22.00 horas, a obra ‘Raíz’, no salón de actos da residencia universitaria Jesús Bal y Gay.
A compañía krilajo, que prevé levar esta obra á vindeira edición do Festival de Teatro Universitario, presentará este martes na residencia ‘Bal y Gay’ as tres primeiras escenas da montaxe. A entrada para presenciar a representación é libre e de balde para todas as persoas interesadas.