Convenio entre o grupo de investigación en Enxeñaría Civil e Enerxías Mariñas da USC e a empresa Enxa Galicia
O grupo de investigación en Enxeñaría Civil e Enerxías Mariñas (Gicema) da USC e a empresa Enxa Galicia S.L. presentarán este mércores, a partir das 12.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o convenio asinado para avanzar na mellora dun sistema de contención para a construción de peiraos deseñado pola empresa pontevedresa.
Os profesores da USC na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo e membros do Gicema, Carlos Núñez Temes e Alberte Castro Ponte, e a xerente da firma Enxa Galicia S.L, Viviana García, serán a persoas que intervirán neste acto de presentación, no marco do que tamén se darán a coñecer resultados das investigacións xa desenvolvidas.