Pasar al contenido principal

O filósofo Alejandro Sobrino disertará sobre iniciación á ciencia

‘Iniciación á Ciencia’ é o título do relatorio que o profesor do Departamento de Lóxica e Filosofía Moral Alejandro Sobrino Cerdeiriña impartir este xoves 28 a partir das 12.00 horas no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC.

Esta é unha conferencia orientada a introducir conceptos fundamentais sobre o desenvolvemento da actividade científica, da hipótese e do método científico, das diferentes teorías filosóficas sobre a validez do coñecemento xerado cientificamente e das implicacións morais da investigación.

Alejandro Sobrino é doutor en Filosofía pola USC e na actualidade exerce como profesor do Departamento de Lóxica e Filosofía Moral nesta mesma Universidade. Ademais, pertence ao Comité Científico da revista Apeirón, Estudios de Filosofía, que ten como obxectivo a difusión de diferentes proxectos filosóficos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.01.2016.