O reitor imporalle a Insignia de Ouro da USC á profesora Teodora Torres
O reitor Juan Viaño imporalle este mércores 30 a Insignia de Ouro da USC á profesora Teodora Torres nun acto ás 11.30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.
Teodora Torres é catedrática de Dereito Civil da Universidade de Valladolid e foi docente desta mesma área na institución docente compostelá, así como na Universidade de León. A insignia de ouro da USC é unha distinción que se concede a aquelas persoas físicas que sobresaian dun xeito especial nos servizos prestados á Institución xa sexa por razón da duración ou continuidade dos mesmos ou pola súa especial relevancia ou significación.