Pasar al contenido principal

Nova sesión NerdNite no CGAC

Nova sesión NerdNite no CGAC
Nova sesión NerdNite no CGAC

O Centro Galego de Arte Contemporánea será este xoves 30 o espazo que acollerá a partir das 21.30 horas unha nova sesión de NerdNite SCQ.

Nesta ocasión participan o maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e un dos mellores divulgadores xurídicos de España, José Ramón Chaves, que fará unha aproximación da mirada de Einstein ao universo xurídico.

Pola súa banda, Carlos Paradela Dobarro, do Centro Común de Investigación da Comisión Europea, intervirá coa charla ‘Desmontando Fukushima’. Paradela é o único galego que participa na desmontaxe da central nuclear xaponesa.

Por último, o bioquímico, etnomusicólogo e artesán Pablo Carpintero preguntarase se hai música no home e se a hai nas mulleres.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.03.2016.