Pasar al contenido principal

Aberta a inscrición na xornada de iniciación á autodefensa que celebrará a Fundación USC Deportiva o 19 de marzo en Lugo

A Fundación USC Deportiva e o Servizo de deportes da USC mantén aberto o prazo de inscrición na xornada teórica e práctica de iniciación á autodefensa que celebrará no campus de Lugo o vindeiro 19 de marzo. Esta actividade formativa, aberta á participación de todas as persoas maiores de 16 anos interesadas en iniciarse nesta disciplina desenvolverase, será impartida polo técnico deportivo en Karate Óscar Lafuente López e por Sergio Lafuente López, quen tamén conta con ampla experiencia na autodefensa e en deportes de loita.

As persoas interesadas en formalizar a súa matrícula nesta xornada, para a que se ofrecen un total de 20 prazas, poden completar xa a súa inscrición a través da páxina web da Fundación USC Deportiva, na que están dispoñibles tanto o formulario de inscrición como as instrucións de pagamento dos 25 euros de taxas. O curso, en cuxa organización colaboran tanto o Concello como a Deputación de Lugo, pretenden analizar os conflitos (non só físicos) cun enfoque máis aberto, construíndo deste xeito una visión máis ampla, completa e actual da autodefensa. Os monitores que guiarán as sesións prácticas e teóricas, que se desenvolverán no Pazo de San Marcos de Lugo e na sala de ioga de piscina municipal As Pedreiras, proporcionarán ás persoas participantes recursos de autodefensa para dar resposta a potenciais situación de risco, aprendendo o uso de técnicas eficaces en función das capacidades de cada un e das características da agresión. Asemade, no desenvolvemento deste curso tamén se explicarán técnicas de xestión de conflitos baseadas noutro tipo de habilidades e competencias destinadas a evitar o enfrontamento físico.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.03.2016.