Pasar al contenido principal

Docentes ecuatorianos cursarán posgraos ou doutoramentos de economía na USC

O convenio asinárono no despacho reitoral de San Xerome (Foto: SERVIMAV-USC)
O convenio asinárono no despacho reitoral de San Xerome (Foto: SERVIMAV-USC)

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, e o seu homólogo da Universidade ecuatoriana das Forzas Armadas ESPE, Roque Moreira Cedeño, asinaron este xoves un convenio de colaboración entre as dúas institucións.

O acordo facilita que como máximo dez docentes do Departamento de Ciencias Económicas, Administrativas e de Comercio da universidade americana veñan cursar á USC o mestrado en Desenvolvemento Económico e Innovación ou o programa de doutoramento en Economía e Empresa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.03.2016.