Pasar al contenido principal

Últimos días para inscribirse na cata de viños brancos elaborados en ensaios de investigación na Escola Politécnica

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada
As sesións de cata desenvolveranse o 16 de marzo, a partir das 17.00 horas na cafetería da Escola Politécnica Superior, en quendas de 20 persoas

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo acubillará o mércores 16 de marzo, de 17.00 a 20.00 horas, unha nova sesión de cata de viños brancos galegos resultantes de ensaios de investigación desenvolvidos na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo e durante a que as persoas participantes poderán degustar viños obtidos a partir de uva branca.

Esta actividade, que se desenvolve por quinto ano consecutivo na EPS, está promovida polo profesor e investigador da USC Javier José Cancela no marco do proxecto de investigación ‘Xestión de grandes superficies vitícolas para a optimización da calidade enolóxica - CIEN 2014’, que conta financiamento do CDTIU e no que se contempla a realización de catas de consumidor de todos os viños elaborados, a partir de la uva obtida nos diferentes ensaios sobre variedades brancas.

A xornada de cata terá lugar o 16 de marzo, a partir das 17.00 horas, na cafetería da EPS. A participación e libre e de balde para todas as persoas interesadas, que deberán formalizar a súa inscrición para participar nesta sesión a través do número de teléfono móbil 600 940 223 ou no enderezo de correo electrónico javierjose.cancela [at] usc.es (javierjose[dot]cancela[at]usc[dot]es).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.03.2016.