Pasar al contenido principal

Antigos Alumnos e Amigos da USC colaborará co proxecto Mentoring

Antigos Alumnos e Amigos da USC colaborará co proxecto Mentoring
Antigos Alumnos e Amigos da USC colaborará co proxecto Mentoring

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago colaborará co proxecto Mentoring USC: Desenvolvemento Profesional, que persegue pór en contacto ao alumnado de mestrado, último ano do grao así como graduados e graduadas no curso 2014-15 con persoal directivo de empresas e profesionais para orientalos e apoialos na busca de empre4go e no desenvolvemento da súa carreira profesional.

Segundo o acordo asinado este martes polo reitor Juan Viaño e a presidenta da asociación, Benita Silva, os e as asociadas poderán colaborar como mentores do estudantado dun programa que na súa primeira edición conta xa cun cento de estudantes mentorizados.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.03.2016.