Pasar al contenido principal

Alumnado de interpretación e dirección da Aula de Teatro sube as súas propostas escénicas ás táboas

Alumnado de interpretación e dirección da Aula de Teatro da USC representarán a vindeira semana no Salón Teatro as obras ‘Cabaret Salomé e Cinzas. A hora de inicio das funcións é ás 21.00 horas con entrada libre previo paso pola billeteira, que abrirá ás 19.00 horas.

A primeira das representacións será a que suba ás táboas a compañía GN o martes 21. ‘Cabaret Salomé’, de Óscar Wilde, mostra nun só acto a versión desta compañía do mito de Salomé, onde se entrecruzan todas as personaxes da historia bíblica: Herodes, Herodías, Jokanan ou a propio Salomé, entre outros. A posta en escena combínase cunha importante presenza musical da banda composta polo resto de asistentes ao banquete en que se acontecementos teñen lugar.

Ao día seguinte, o mércores 22, a Aula de Teatro da USC representa ‘Cinzas’, obra creada a partir de textos de Rodrigo García. O transfondo da peza mergúllase na idea de que tal vez a vida consista en dar voltas sempre ao mesmo. Non obstante, o asunto é como dar esas voltas: tropezando, remando mal cun bote nun lago, nun carrusel coma un poni ou bailando. Para as primeiras abonda cun so. Para esta última, tamén, pero “é moito máis agradable facelo xunto a outra persoa”, explican os responsable do texto.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.06.2016.