Pasar al contenido principal

Curso de verán en Portomarín e Lugo sobre os portaenxertos ante os retos da viticultura

Curso de verán en Portomarín e Lugo sobre os portaenxertos ante os retos da viticultura
Curso de verán en Portomarín e Lugo sobre os portaenxertos ante os retos da viticultura
UNIVERSIDADE DE VERÁN 2016

Os días 27 e 28 de xullo o grupo de investigación ‘Viticultura e sanidade vexetal’ da USC (Vitis Research) organiza un curso de verán en Portomarín e Lugo sobre os portaenxertos. A matrícula finaliza o 15 de xullo.

Dirixido polo profesor da USC experto en viticultura Julián García Berrios, o curso comezará na Escola Politécnica Superior de Lugo con intervencións de especialistas de toda España sobre sanidade vexetal, as novidades dos portaenxertos, o Proxecto Erasmus + Pathogen 2015-2018, o papel do portaenxertos na adaptación e mitigación do cambio climático ou os solos vitícolas en Galicia.

Os relatorios do día 28 trasladaranse á Casa da cultura do Concello de Portomarín. Alí falarase da influencia do portaenxerto na resposta ás viroses da vide, de xenética ou do seu uso en Galicia, entre outros temas. O curso rematará cunha visita e cata comentada das vinificacións experimentais da parcela de ensaios do Monte da Ferreira.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.06.2016.