Pasar al contenido principal

Matemáticas, Dereito e Relacións Laborais celebran as súas respectivas graduacións

As promocións 2012-2016 de Matemáticas, Dereito e Relacións Laborais e Recursos Humanos celebrarán este venres 10 ás 18.00 horas os seus respectivos actos protocolarios de graduación. Na Aula Magna de Matemáticas o reitor presidirá o acto que dará comezo coa proxección dun vídeo conmemorativo e os discursos de Rosana Rodríguez e Alberto Cabada Fernández como padriños da promoción. Logo da quenda da decana Victoria Otero Espinar intervirán Cristina Lois e Rodrigo Mariño en representación do alumnado que finaliza estudos, para dar paso á entrega de displomas conmemorativos.

Dereito
Á mesma hora, na Sala Santiago do Palacio de Congresos e Exposicións comezará o acto protocolario da terceira promoción do grao en Dereito. Como padriños intervirán a profesora María Paz García Rubio e os profesores Antonio López Díaz e Santiago Brage Cendán. A continuación da entrega de diplomas aos novos graduados/as, tomará a palabra Alberto Escobar Rivas en representación do alumnado, mentres que o decano da Facultade de Derecho, Gumersindo Guinarte Cabada pechará o acto.

Relacións Laborais
Pola súa banda, a cuarta promoción de Relacións Laborais e Recursos Humanos celebrará a súa graduación no Hotel Congreso nun acto que presidirá a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez. Intervirán tamén a madriña e padriño da promoción, Yolanda Maneiro e Xesús Veiga Buxán; a estudante Katia Garrido; e a decana da Facultade, Silvia Moscoso. Ademais da imposición das becas correspondentes, o vicepresidente primeiro do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, Alejandro Pérez, entregaralle o premio Javier Marañón a Helena Lens Vázquez.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.06.2016.