Pasar al contenido principal

Un roteiro pola Selva Negra de Compostela destacará o valor do solo para a vida

Un roteiro pola Selva Negra de Compostela destacará o valor do solo para a vida
Un roteiro pola Selva Negra de Compostela destacará o valor do solo para a vida

Un roteiro de carácter gratuíto pola Selva Negra de Compostela será o fío condutor dunha iniciativa que pretende poñer de relevo a importancia do solo para a vida na Terra. Con motivo do Día Mundial do Medio Ambienta, o Museo de Historia Natural e a Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia do Concello de Santiago de Compostela organizan este domingo 6 un roteiro guiado de carácter gratuíto aberto ao público xeral.

Dado que o número máximo de persoas que se poderán apuntar é 30, é recomendable facer reserva cubrindo este formulario. En dúas posibles quendas, ás 11.00 ou ás 17.00 horas, o percorrido comezará na Cafetería da Granxa do Xesto e estenderas e ao longo de dúas horas.

A ruta permitirá identificar diferentes tipos de solos do complexo de ecosistemas seminaturais da Selva Negra, representativos do rural compostelán. A partir deste achegamento ás particularidades e importancia do solo, as persoas que participen recibirán nocións básicas sobre os factores ambientais máis salientables na orixe, dinámica e funcións do solo, tales como as rochas, o clima ou a vexetación. Ademais, destacaranse os beneficios que poden achegar aos ecosistemas en xeral e á sociedade en particular.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.06.2016.