Pasar al contenido principal

Festival multilingüe en Filosofía con A cabeleira (Poema en 60 idiomas)

Festival multilingüe en Filosofía con A cabeleira (Poema en 60 idiomas)
Festival multilingüe en Filosofía con A cabeleira (Poema en 60 idiomas)

O poema A cabeleira, do profesor da USC Claudio Rodríguez Fer, soará en numerosos idiomas este mércores 30 ás 19.00 horas na Facultade de Filosofía nun recital multilingüe organizado pola revista Cicloxénese Expresiva no que participarán como narradores decenas de membros da comunidade universitaria.

O poema “A cabeleira" foi traducido inicialmente ao inglés por Diana Conchado; ao castelán por Olga Novo, e ao francés por María Lopo, versións coas que se realizou a súa primeira edición políglota en 1995. Desde esta data foi traducíndose a outras linguas en antoloxías diversas, por exemplo ao ruso e ao bretón. En 2015 editouse en 35 idiomas dos cinco continentes da Terra, reeditándose en 2016 nun total de 60 linguas dos cinco continentes.

Así, este mércores A cabeleira soará en galego, portugués, asturiano, éuskaro, castelán, catalán, occitano, francés, italiano, romanés, árabe, latín, inglés, alemán, danés, húngaro, grego clásico, grego moderno, ruso, checo, turco, curdo, armenio, sánscrito, hindi, bengalí, coreano, chinés, xaponés, e esperanto .

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.11.2016.