Pasar al contenido principal

O pasado, presente e futuro da raza bovina galega centra do 26 ao 28 de xullo un curso de verán da USC no concello do Corgo

Cartaz da Universidade de Verán 2016
Cartaz da Universidade de Verán 2016

100 anos da raza bovina galega. Pasado, presente e futuro’ é o título do curso incluído na Universidade de Verán 2016 da USC que se desenvolverá do 26 ao 28 de xullo no concello do Corgo. Estruturado en 24 horas lectivas e aberto á participación dun máximo de 50 personas, o programa dirixido polo profesor da USC José Manuel Cifuentes, constitúe un foro acaído para coñecer a importancia capital da gandeiría bovina en Galicia, a través da súa historia ao longo do último século, así como da situación atual e cunha ollada tamén cara as perspectivas de futuro.

O historiador Adolfo de Abel Vilela abrirá o 26 a quenda de relatorios deste programa da Universidade de Verán 2016, o primeiro curso de verán que celebra a USC no Corgo, cunha charla sobre a gandería na época romana, á que lle seguirá outra intervención sobre a tradición feiral gandeira en Galicia. O profesor e historiador da USC Lourenzo Fernández Prieto pechará a programación matinal da primeira xornada deste foro cun relato sobre a invención da Raza Rubia Galega hai un século. Xa en quenda de tarde, e en sesións abertas, Diego Conde e María Traba Rey tratarán en cadanseu relatorio o valor das vacas, desde a cuestión pecuniaria á agraria, e a situación actual da Raza Rubia Galega. O potencial produtivo da Raza Rubia Galega, aproveitamento do territorio, características nutritivas e organolépticas da carne de vacún de Rubia Galega e o cometido da profesión veterinaria como garante da trazabilidade da cadea alimentaria centrarán a temática das sesións programadas durante a segunda xornada deste curso de verán da USC e entre cuxos relatores convidados está Juan José Badiola. O futuro que lle agarda á Rubia Galega, as posibilidades da mellora xenética, a orientación do I+D+i nese eido, o cometido a Administración e tamén do Campus Terra en aras a deseñar un futuro máis próspero para esta raza autóctona serán temas de debate e análise na xornada de clausura deste programa da Universidade de Verán 2016 da USC.

As persoas interesadas en obter máis información respecto do programa deste seminario formativo, que non conta con límite de prazas, poden facelo a través da web da Universidade de Verán 2016 da USC, onde tamén se é posible formalizar a inscrición neste curso, para o que está aberta a matrícula.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.06.2016.